xoves, 23 de marzo de 2017

INVESTIGAMOS

Como ben sabedes en Conmeniño non paramos de traballar e aprender o mesmo tempo. Como xa vimos na anterior publicación, este días dende a biblioteca estivemos investigando sobre diferentes temas do espazo. Cada 15 días aparecía na entrada un mural con imaxes, as partir das cales tiñamos que investigar e recadar información para pegala no mural transmitindo esta a todos os interesados. 



Na primeira quincea investigamos sobre as fotos dun cohete (apolo 11), o seu módulo lunar e un transbordador espacial. Obviamente esta información tivérona que descubrir eles a partir únicamente das imaxes. 




Na segunda quincena apareceron dúas fotos de astronautas, a través das cales poidemos descubrir que se trataban de Neil Armstrong e Valentina Tereshkova. Aproveitando o día internacional da muller, decidimos investigar sobre máis mulleres astronautas. 






Por último na terceira quincena apareceron fotos sobre un cartel de benvida a Roswell e unha especie de platillo volante, ademais dun marciano. A través das nosas investigacións poidemos sair de dudas e coñecer o caso Roswell e outras hipóteses sobre os marcianos e as súas naves espaciais.  :)



Ningún comentario:

Publicar un comentario