martes, 25 de outubro de 2016

Novo proxecto: " Unha viaxe polo espazo"



Ola ratiños e ratiñas, xa estamos aquí de novo para comezar este curso con moitas gañas e unha morea de cousas que mostrarvos. Na primeira actividade do curso os alumnos e alumnas de Conmeniño tiveron que adiviñar cal sería o proxecto deste ano, neste caso denominado “ Unha viaxe polo espazo”, onde traballaremos e investigaremos sobre o espazo, os seus elementos e todo o mundo de sorpresas que nel se agochan.  Para descubrilo tiveron que encontrar diferentes pistas no recinto escolar para poder completar o mural de presentación colocado na entrada do colexio. A continuación deixámosvos unhas fotos da actividade. : )











Ningún comentario:

Publicar un comentario