martes, 29 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER+OBRADOIRO DE ESCRITORES II

Ola a todos!
Nada máis chegar das vacacións, queremos compartir con todos vós algúns dos textos descritivos (instruccións AQUÍ)que saíron do noso 2º obradoiro de escritores.
1º a 6º de primaria traballamos co proceso de escritura completo: planificación nun mapa de ideas, borrador, texto final e revisión. Algúns exemplos a continuación:



Premendo nos debuxos da imaxe interactiva inferior poderedes escoitar as descricións das mulleres ás que admiramos:

E, xa para rematar, algúns dos nosos grandes escritores cos seus traballos:





Parabéns a todos! En breve, unha nova misión coma escritores!

martes, 8 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER-DESCUBRINDO MULLERES ARTISTAS.

Para recordar a conmemoración do Día Internacional da Muller hoxe, 8 de marzo, comezamos a nosa tarefa de investigación "Mulleres Artistas". Aproveitamos a actividade para presentarlle ao alumnado as novas ferramentas coas que contamos na biblioteca, polo que organizamos a actividade do seguinte xeito: colocamos polo colexio carteis coa imaxe dunha muller artista e un código QR asociado a unha ficha de información interactiva (inclúen vídeos ou presentacións) sobre dita artista. No cartel hai tamén unha ficha de recollida de datos.
O alumnado ten que ir polo colexio atopando ditos carteis, escaneando os códigos QR para descubrir quen son as mulleres da imaxe e para completar a información da ficha de recollida de datos. Hoxe presentamos a actividade e nos vindeiros días terán que ir completando toda a información para descubrir a estas mulleres artistas.






Como complemento a actividade, e para que todo o alumnado coñeza a todas as artistas que presentamos aínda que non buscasen eles a información, traballarán despois nunhas fichas de traballo sobre a exposición.
Podedes coñecer as mulleres artistas que estamos a descubrir na seguinte presentación:

lunes, 7 de marzo de 2016

OBRADOIRO DE ESCRITORES II- FACEMOS UN TEXTO DESCRIPTIVO

Como proposta para a 2ª tarefa do noso Obradoiro de Escritores, imos escribir un texto descriptivo sobre unha muller da nosa contorna á que admiramos. Aquí vos deixamos unhas pautas que vos poden axudar para as vosas descricións. Adiante, escritores!

viernes, 4 de marzo de 2016

POR QUE SE CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER?

Ola a todos!

Como ben sabedes, o vindeiro martes 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. Pero, por que esta data? Por que se escolleu este día? Se queredes sabelo non tedes máis que mirar a pequena presentación que tedes a continuación.

Como vos explico na última carta que vos enviei, a nosa nova tarefa do Obradoiro de Escritura vai ter que ver con esta data. Moito ánimo a todos coas vosas descricións de mulleres da vosa contorna. A Ratiña máis eu estamos impacientes por lelas.

Lembrade tamén que a semana próxima poderedes descubrir a interesantes artistas mulleres polos corredores do colexio ademáis de coñecer o novo recurso co que contamos na biblioteca. Estade atentos!

martes, 1 de marzo de 2016

HEROES DA PAZ

 Con retraso pero aquí chega unha compilación da actividade de investigación que levaron a cabo os pequenos polo Día da Paz. Cada grupo investigou sobre un heroe da paz (unha persoa, unha institución, unha historia...) e despois conpartírono co resto do colexio facendo pequenas presentacións. Que poderedes ver ou escoitar premendo na seguinte imaxe interactiva.