lunes, 21 de diciembre de 2015

NADAL EMOCIONANTE E ARTÍSTICO DE CONMENIÑO

Ola a todos, aí vai unha parte do noso festival de Nadal artístico e emocionante. Pouco a pouco iremos subindo as actuacións e as presentacións para quen queira repasalas ;)

Primeiro de nada, deixámosvos cos nosos desexos para o 2016.



Agora, a actuación dos pequenos de Ed. Infantil, que nos cantaron "As emocións".



O vídeo dos nenos de 4º EI cunha historia do "Tres Porquiños" diferente.



E, para rematar por hoxe, o vídeo dos nenos de 5º de EI, "O monstro de cores e o medo"
 
2. monstrodecores from Hello Teacher on Vimeo.

domingo, 13 de diciembre de 2015

viernes, 11 de diciembre de 2015

POLO 25 DE NOVEMBRO...

Para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, os nenos levaron a cabo nas aulas diferentes actividades. Traballouse a través de lecturas propostas, e debates varios sobre os estereotipos de xénero, como se comportan ante certas actitudes e comentarios...
Os pequechos do cole (6º EI) traballaron o tema da igualdade e os estereotipos a travñes dunha actividade en colaboración co CIM do Concello. Crearon cada un unha personaxe que podía ser neno o nena e escolleron xogos e actividades para el/ela. Con esta actividade pretendíase detectar posibles prexuízos e provocar o debate dos máis pequenos sobre as cores, os xogos, a roupa, os peinados...







Os nenos de 6º, en relación co seu proxecto sobre o graffiti como expresión artística, elaboraron pequenos carteis imitando as creacións do artista Banksy e con mensaxes de esperanza en relación a esta inxustiza social.