domingo, 12 de abril de 2015

UN AGASALLO DENDE A BIBLIOTECA DE XOSÉ NEIRA VILAS!

Ola ratiños!
Agora que xa está inaugurada a nova biblioteca (en breve poderedes ver todos como foi a transformación, estade atentos!), queremos contarvos a historia duns libros moi especiais que nela temos. Son moi especiais porque son un agasallo que nos fixeron dende a Biblioteca de Xosé Neira Vilas, xornalista, narrador, ensaista e poeta e lingua galega e autor de obras como "De cando Suso foi carteiro". E... vos preguntaredes, e como chegou ese agasallo ata a nosa biblioteca?


Pois volo contamos todo todiño! 

Resulta que Iria e Sabela Arnoso, alumnas de 5º de Ed. infantil e 4º de primaria respectivamente, foron visitar coa súa familia a Fundación Xosé Neira Vilas, na parroquia de Gres. Esta fundación conta, entre outras cousas, cunha biblioteca, salón de actos... 



O pai de Sabela pertence a un grupo chamado Turismo Verde, e nos conta en qué consiste esta asociación, cal é a súa labor e como foi a visita á Fundación Xosé Neira Vilas: 

"Somos un "colectivo" en fase de conversion en Asociacion ou algun dia.... empresa, que traballamos sobre o proxecto "Turismo Verde de Galicia". Pretende ser algun dia un portal web onde atopar todo tipo de informacion sobre Galicia, non só onde aloxarse etc., si non sobre todo tipo de lugares da terriña, desconocidos, máxicos e moitos que non saen nas grandes liñas de turismo, dando a coñecer festas, eventos e, en definitiva, promocionar toda Galicia..... A Galicia Escondida.

Complementándoo tamen con historia, cultura, producto da terra, artesanía, etc, polo cal decidimos facer uns Concursos Fotográficos nos que agasallamos aos gañadores con cousas que nos donan os nosos patrocinadores, e facemos a entrega de premios, o que nos denominamos "Encontros Turvegal", nos que coñecemos un concello, artesáns, e mais cousas do entorno, enmarcado na celebracion do fin do Concurso e coa posterior entrega de premios.



No II Encontro Turvegal, para a entrega de Premios do Concurso Primaveira en Galicia, celebramos dito evento en coordinacion co Concello de Vila de Cruces, e tivemos a oportunidade de coñecer a un dos nosos maiores literatos, o mestre Don Xosé Neira Vilas, que nos recibiu na súa casa e nos ensinou o seu museo ademais de tamén agasallarnos cun pequeno coloquio, no que ao final, como as miñas fillas Aitana, Sabela e Iria, estaban ali lles fixo entrega dun lote de libros para que os entregaran no seu cole"









     Estamos seguros de que foi unha xornada xenial, descubrindo este fermoso lugar do Concello de Vila de Cruces. Moitas grazas á familia de Iria e Sabela, por compartir esta experiencia con nós, traer novos libros para a nosa biblioteca, darnos a coñecer tanto a Fundación Xosé Neira Vilas como a Asociación Turismo Verde de Galicia e prestarnos estas imaxes.

Por se estades interesados en coñecer máis sobre a asociación Turismo Verde, nos seguintes enlaces poderedes atopar máis información sobre ela:

Ningún comentario:

Publicar un comentario