domingo, 21 de abril de 2024

O casa do noso Ratiño

Novo espazo na biblio, a da nosa mascota de biblio, Ratiño, que vos parece?




martes, 16 de abril de 2024

Premios saudables segundo trimestre

 Merendas saudables no recreo para todo o grupo como premio por gañar a Autoestrada de Conmeniño ao longo do trimestre. Neste segundo trimestre os gañadores foron: en primeiro lugar o alumnado de 4º e 5º (que participan de forma conxunta), en segundo lugar o alumnado de 5 anos e en terceiro lugar, o alumnado de 3º curso! 

En hora boa rapaces! 













Visita de Marcelino Cacabelos

 Marcelino Cacabelos foi Subcampeón de España de piragüismo, formou parte do equipo nacional e ata o día de hoxe sigue competindo despois de 45 anos en categoría de veteranos. Ensinounos os tipos de palas que usou ao longo da súa vida e as medallas gañadas. 




6 de abril- Día Internacional do deporte

 O pasado 6 de abril foi o Día Internacional do deporte para o desenvolvemento e a paz e tivemos a sorte de ter con nós a Alfredo Bea, un referente do deporte no noso entorno.







No seguinte código QR podedes ver a noticia na prensa.
https://www.farodevigo.es/arousa/2024/04/11/olimpico-fredi-bea-lanza-mensaje-100947017.html

venres, 12 de abril de 2024

Exposicións temáticas do mes de abril

 Na entrada do cole podedes atopar unha exposición temática de libros relacionados coas conmemoracións que se traballan ao longo de todo o mes. Animádevos a escoller o que máis vos guste!




Letras galegas 2024

 Ola!

Achégase o 17 de Maio, Día das Letras Galegas, e coma sempre imos celebralo por todo o alto.

Neste 2024 a homenaxeada é Luisa Villalta, grande defensora da nosa cultura e da nosa lingua.

Se queredes saber un pouquiño sobre a súa vida, podedes ver o vídeo que aparece a continuación:

Ademais, nas seguintes ligazóns atoparedes unha chea de xogos interactivos para pór a proba os vosos coñecementos sobre a autora.

Primavera das letras

Seminario Galán

Ah! E estade atentos ao blog porque haberá sorpresas con moito ritmo 🎵🎵🎵 

E ata aquí podemos ler!

Lector@s Olímpic@s de xaneiro, febreiro e marzo

 SÚPER LECTORA OLÍMPICA DE XANEIRO: VALERIA, 1º CURSO




SÚPER LECTOR OLÍMPICO DE FEBREIRO: DANIEL, 3º CURSO


SÚPER LECTOR@S OLÍMPIC@S DE MARZO: CATALINA, 1º CURSO E ENZO, 4º CURSO.

Almorzos saudables

 Para conmemorar o Día Mundial da Saúde e en colaboración co Centro de Hostalaría do Grove tivemos a sorte de poder asistir a un obradoiro de almorzos saudables. Este ano tocoulle ao alumnado de Educación Infantil. 

Así de contentos saímos no autobús





Logo, degustamos un riquísimo almorzo, con froitas, tortitas, zume...




Tamén nos ensinaron a colocar as servilletas e mesmo a facer un gorriño con elas




E finalmente, xogamos no parque antes de volver ao cole, unha mañá súper saudable!

Aquí vos deixamos unha foto conxunta do noso día, pasámolo xenial!